Patrimonio etnográfico
Esmoleiro da Fonte Esmoleiro
- Figueiró, Barrio da Fonte., S. XIX-XX
- Coordenadas:41.963139, -8.773158
Esmoleiro apoiado nun muro, no lugar da Fonte, na parroquia de Figueiró. Está situado a poucos metros da igrexa parroquial. Presenta unha estrutura sinxela de granito, con base prismática na que apoia unha capela con remate de perfil mixtilíneo e frontón curvo. A fornela acolle unha figura da virxe do Carme co Neno en altorrelevo, case de vulto redondo, diante da cal se dispón unha lámina de ferro co burato para as esmolas. Sobresae un mesado, cuadrangular, baixo o que se dispón decoración de dentes de serra. Foi movido uns metros do seu emprazamento orixinal nos anos 90 do século pasado.
Bibliografía: Fernández de la Cigoña, Estanislao e Loira, Félix: «Cruces, cruceiros e petos da parroquia de Santiago de Estás (Tomiño-Pontevedra)», en Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía: Actas do VI Congreso Galego de Cruceiros, 2015. Asociación de Veciños da Aurora: Boletín Informativo Cultural, 1, Tomiño.