messages.go_to_page_content
Patrimonio etnográfico

Cruz Viacrucis da praza de San Vicente Víacrucis

  • Barrantes, Praza de San Vicente, s. XVIII
  • Coordenadas:42.015107, -8.763778
Cruz alta lisa de sección cuadrangular apoiada nunha base composta por dous chanzos e pedestal prismático. Neste leva unha inscrición gravada de difícil interpretación debido á erosión, pero na que se pode ler a data 1773. Esta cruz formaría parte do viacrucis que arrancaría no muro da Igrexa parroquial e continuaría por esta praza con outra cruz, para atravesar a calzada e seguir polo outro lado. Non se conserva completo e dalgunhas das cruces soamente queda a base.

Bibliografía: Fernández de la Cigoña, Estanislao e Loira, Félix: «Cruces, cruceiros e petos das parroquias de Barrantes e Pinzás (Tomiño-Pontevedra)», Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía: Actas do IX Congreso Galego de Cruceiros, 2018. Asociación de Veciños da Aurora. Boletín Informativo Cultural, 4. Tomiño.