Patrimonio etnográfico
Cruz do barrio de Arrotea Cruz sobre pedestal
- Amorín, Barrio de Arrotea., S. XX
- Coordenadas:41.998936, -8.685181
Cruz de sección rectangular con remates de flor de lis sobre pedestal cuadrangular. Na parte superior deste, conta cunha inscrición moi erosionada, na que apenas se pode ler «A CRISTO REY» e debaixo esta outra tamén pouco lexible «ANO 1930». Encóntrase diante do bar Quinteiro e do lugar coñecido como o Eido do Cura por ser onde estaba a antiga casa reitoral.
Bibliografía: Fernández de la Cigoña, Estanislao e Loira, Félix: «Cruces, cruceiros e petos da parroquia de San Xoán de Amorín (Tomiño-Pontevedra)», en Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía: Actas do X Congreso Galego de Cruceiros, 2020.