Patrimonio etnográfico
Cruz de ánimas de San Miguel Cruz de ánimas
- Barrantes, Barrio do Pazo, 1777
- Coordenadas:42.01097, -8.74959
A Cruz de ánimas de San Miguel está situada no barrio do Pazo. Presenta dous chanzos sobre os que asenta unha base troncopiramidal seguida dun pedestal rematado por unha moldura destacada a modo de capitel. A cruz de remate é de gran tamaño, de sección cadrada e con extremos que finalizan con decoración de diamante. Na parte dianteira da base leva a inscrición: «ESTEESCVDº/DEANIMAS/ LOMANDO/AZERLVISALVA/RESANO 1777».
Bibliografía: Fernández de la Cigoña, Estanislao e Loira, Félix: «Cruces, cruceiros e petos das parroquias de Barrantes e Pinzás (Tomiño-Pontevedra)», Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía: Actas do IX Congreso Galego de Cruceiros, 2018. Asociación de Veciños da Aurora. Boletín Informativo Cultural, 4. Tomiño.