messages.go_to_page_content
Patrimonio etnográfico

Cruz alta e peto do barrio de Cristelos Cruz alta e peto de ánimas

  • Barrantes, Barrio de Cristelos., s.XVIII-XIX
  • Coordenadas:42.031459, -8.764165
Cruz alta de sección cuadrangular e esquinas biseladas sobre pedestal prismático, No brazo curto leva unha inscrición moi erosionada que na parte esquerda semella dicir «ANO DE 1760», o resto hoxe é practicamente ilexible, pero segundo se recolle no texto de Félix Loira e Estanislao Fernández podería lerse «COEODACO». O peto presenta unha estrutura típica na zona. Está formado por un piar con inscrición moi desgastada coa data 1871 ou 1891. Sobre este apoia a capela que levaría un pequeno retablo baixo o arco de medio punto, hoxe totalmente baleiro. A cuberta é a dúas augas e remataría nunha cruz que non se conserva.

Bibliografía: Fernández de la Cigoña, Estanislao e Loira, Félix: «Cruces, cruceiros e petos das parroquias de Barrantes e Pinzás (Tomiño-Pontevedra)», Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía: Actas do IX Congreso Galego de Cruceiros, 2018. Asociación de Veciños da Aurora. Boletín Informativo Cultural, 4. Tomiño. Franco, Óscar: Peto de ánimas de Cristelos. Patrimonio Galego. http://patrimoniogalego.net/index.php/87170/2016/06/peto-de-animas-de-cristelos/