Patrimonio etnográfico
Cruz alta do Xibao Cruz alta
- Tomiño, Xibao, -
- Coordenadas:41.982541, -8.756501
Cruz alta situada nunha encrucillada no lugar do Xibao. Está realizada en granito. Presenta unha base cuadrangular sobre a que se dispón unha cruz de brazos rectos e lisos, nos que sobresaen dúas pequenas esculturas. Unha, de corpo enteiro sobre unha pequena peaña a media altura do varal, e outra dunha cara, na parte máis alta. Ambas encóntranse moi erosionadas debido ao paso do tempo, o que dificulta a súa interpretación.
Bibliografía: Fernández de la Cigoña, Estanislao e Loira, Félix: «Cruces, cruceiros e petos da parroquia de Santa María de Tomiño (Tomiño-Pontevedra)», en Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía: Actas do VII Congreso Galego de Cruceiros, 2017.