Patrimonio etnográfico
Cruz alta do Ramo Cruz alta
- Forcadela, O Ramo, S. XVIII. 1726
- Coordenadas:41.978940, -8.741089
Cruz alta de sección cuadrangular coas arestas rebaixadas. Apoia sobre unha base tronco piramidal que se asenta directamente no chan. Na súa fronte leva gravada a data 1726.
Bibliografía: Fernández de la Cigoña, Estanislao e Loira, Félix. «Cruces, cruceiros e petos de San Pedro de Forcadela. Tomiño», en Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía: Actas do V Congreso Galego de Cruceiros, 2014. Moure, Isabel e Da Rocha, Juan C.: «Cruceiros no noso concello. Cruces e cruceiros de Forcadela», en Asociación de Veciños da Aurora: Boletín Informativo Cultural, 6, Tomiño, 2005.