messages.go_to_page_content
Patrimonio etnográfico

Cruz alta do barrio do Val Cruz alta

  • Tomiño, Barrio do Val, S. XIX. 1830
  • Coordenadas:41.993412, -8.746795
Cruz alta situada no barrio do Val, pegada a un muro. Presenta unha base octogonal que se apoia sobre un chanzo alto. O fuste parte dunha sección cadrada para continuar cunha romboidal, que tamén se utiliza no brazo curto da cruz. Os extremos rematan nunha forma floral aberta con botón central. Presentaba, segundo a publicación de Fernández de la Cigoña e Loira, unha inscrición na súa base, que xa no momento do seu estudio estaba bastante deteriorada, pero na que algunhas palabras do texto eran lexibles «ANTONIO» «ANO» «1830». Actualmente non é lexible.

Bibliografía: Fernández de la Cigoña, Estanislao e Loira, Félix: «Cruces, cruceiros e petos da parroquia de Santa María de Tomiño (Tomiño-Pontevedra)», en Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía: Actas do VII Congreso Galego de Cruceiros, 2017.