Patrimonio etnográfico
Cruz alta de Vilachán Cruz alta
- Tomiño, Barrio de Vilachán, -
- Coordenadas:41.988060, -8.762924
Cruz alta situada no barrio de Vilachán. Encóntrase encaixada nun muro a carón da estrada. Presenta brazos rectos e lisos, e a base ten forma prismática. Carece de marcas ou inscricións.
Bibliografía: Fernández de la Cigoña, Estanislao e Loira, Félix: «Cruces, cruceiros e petos da parroquia de Santa María de Tomiño (Tomiño-Pontevedra)», en Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía: Actas do VII Congreso Galego de Cruceiros, 2017.