messages.go_to_page_content
Patrimonio etnográfico

Cruz alta de Bacelo Cruz alta

  • Forcadela, Bacelo, S. XVIII. 1762
  • Coordenadas:41.982977, -8.728614
Cruz alta situada no barrio do Bacelo.Encóntrase pegada a un muro. Presenta chanzo cuadrangular sobre o que se asenta unha base prismática de arestas rebaixadas e inscricións moi erosionadas na actualidade, pero que segundo se recolle na revista da Asociación de Veciños da Aurora, no ano 2005 aínda era lexible e podíase apreciar parte do texto. Transcribimos como se publicou: «DONADO M DE AMUATE ANO DE 1762». A cruz é de brazos rectos e arestas rebaixadas.

Bibliografía: Fernández de la Cigoña, Estanislao e Loira, Félix. «Cruces, cruceiros e petos de San Pedro de Forcadela. Tomiño», en Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía: Actas do V Congreso Galego de Cruceiros, 2014. Moure, Isabel e Da Rocha, Juan C.: «Cruceiros no noso concello. Cruces e cruceiros de Forcadela», en Asociación de Veciños da Aurora: Boletín Informativo Cultural, 6, Tomiño, 2005.