Patrimonio etnográfico
Cruz alta da Igrexa parroquial Cruz alta
- Pinzás, Adro da Igrexa, -
- Coordenadas:42.054828, -8.781819
Cruz alta situada no adro da Igrexa Parroquial de Santa María de Pinzás, xusto diante da porta de entrada. Presenta brazos rectos de sección cadrada, con decoración gravada no interior que reproduce, mediante liñas, a propia cruz. Está cuberta por musgo e liques par toda a súa superficie.
Bibliografía: Fernández de la Cigoña, Estanislao e Loira, Félix: «Cruces, cruceiros e petos das parroquias de Barrantes e Pinzás (Tomiño-Pontevedra)», en Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía: Actas do IX Congreso Galego de Cruceiros, 2018. Asociación de Veciños da Aurora: Boletín Informativo Cultural, 4, Tomiño.