Patrimonio etnográfico
Cruz alta da Igrexa Cruz alta
- Estás, A Igrexa, -
- Coordenadas:41.974398, -8.761209
Cruz alta situada diante da igrexa parroquial de Santiago de Estás, á beira da estrada. Presenta un só chanzo sobre o que apoia unha base prismática na que asenta unha cruz lisa de brazos rectos con bordes rebaixados. Feita en granito
Bibliografía: Fernández de la Cigoña, Estanislao e Loira, Félix: «Cruces, cruceiros e petos da parroquia de Santiago de Estás (Tomiño-Pontevedra)», en Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía: Actas do VI Congreso Galego de Cruceiros, 2015. Asociación de Veciños da Aurora: Boletín Informativo Cultural, 1, Tomiño.