messages.go_to_page_content
Patrimonio etnográfico

Cruz alta da capela de San Lourenzo Cruz alta

  • Tomiño, Barrio do Hospital, 2002
  • Coordenadas:42.006878, -8.730343
Cruz alta situada diante da capela de San Lourenzo do Hospital, na parroquia de Santa María de Tomiño. Sobre un chanzo cuadrangular apoia a base cúbica, que leva na súa fronte a inscrición «MILAGROSA/ 2002». A cruz é de estrutura sinxela. Presenta brazos rectos de sección cadrada con esquinas rebaixadas. Está feita en cantería.

Bibliografía: Fernández de la Cigoña, Estanislao e Loira, Félix: «Cruces, cruceiros e petos da parroquia de Santa María de Tomiño (Tomiño-Pontevedra)», en Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía: Actas do VII Congreso Galego de Cruceiros, 2017. Fernández de la Cigoña, Estanislao: Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra. Vigo: Ir Indo, 1998. Moure, Isabel e Da Rocha, Juan: «Petos de Ánimas ou esmoleiros de Tomiño», en Asociación de Veciños da Aurora. Boletín Informativo Cultural. Tomiño.