messages.go_to_page_content
Patrimonio etnográfico

Crucifixo de Bacelo Crucifixo

  • Forcadela, Bacelo, S. XVII. 1686
  • Coordenadas:41.983305, -8.729604
Crucifixo situado enriba do muro dunha vivenda do barrio do Bacelo. Presenta un chanzo sobre o que apoia unha base cúbica con inscrición gravada na súa fronte, na que podemos ler: «ANO1686 LOND/ PINTAR DJVAN ALVARES». A cruz é de brazos rectos e lisos, e nun dos seus cantos leva a inscrición «BASTIANVISENTE». Na fronte o Cristo crucificado de tres cravos baixo cartela. O cruceiro foi movido ao actual emprazamento. Antigamente atopábase nas inmediacións, e estaba apoiada no chan.

Bibliografía: Fernández de la Cigoña, Estanislao e Loira, Félix. «Cruces, cruceiros e petos de San Pedro de Forcadela. Tomiño», en Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía: Actas do V Congreso Galego de Cruceiros, 2014. Moure, Isabel e Da Rocha, Juan C.: «Cruceiros no noso concello. Cruces e cruceiros de Forcadela», en Asociación de Veciños da Aurora: Boletín Informativo Cultural, 6, Tomiño, 2005.