messages.go_to_page_content
Patrimonio etnográfico

Cruceiro do torreiro da festa do Alivio Cruceiro

  • Tomiño, Barrio de San Bieito., S. XX. 1900
  • Coordenadas:41.983773, -8.745137
Este cruceiro encóntrase no torreiro da festa do Alivio, no barrio de San Bieito da parroquia de Tomiño. Segundo a inscrición, moi erosionada, que leva na parte baixa do varal, foi levantado no ano 1900. Segundo a publicación de Fernández de la Cigoña e Loira do ano 2017 na inscrición, aínda, podía lerse «O/ DE/ JUAN/ BENI/ TO/ ALVA/ REZ V/1900». No momento da recollida de datos non era lexible. Presenta un só chanzo seguido dunha base troncopiramidal. Sobre esta, apoia un fuste liso de sección cadrada coas esquinas rebaixadas. Na parte superior un capitel de molduras cuadrangulares soporta unha cruz lisa de brazos cilíndricos.

Bibliografía: Fernández de la Cigoña, Estanislao e Loira, Félix: «Cruces, cruceiros e petos da parroquia de Santa María de Tomiño (Tomiño-Pontevedra)», en Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía: Actas do VII Congreso Galego de Cruceiros, 2017. Fernández de la Cigoña, Estanislao: Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra. Vigo: Ir Indo, 1998.