Patrimonio etnográfico
Cruceiro do Rexidouro Cruz alta
- Tomiño, Pazos, -
- Coordenadas:41.999544, -8.744908
Coñecido como «Cruceiro do Rexidoiro», sitúase a carón da estrada, nunha encrucillada. Conta cun só chanzo sobre o que apoia un pedestal cúbico liso que soporta a cruz. O fuste de esquinas rebaixadas, conta cunha pequena figura de vulto redondo que sobresae, e que se encontra bastante erosionada. Por como está traballada, semella que a parte superior da cruz sexa froito dunha intervención posterior.
Bibliografía: Fernández de la Cigoña, Estanislao e Loira, Félix: «Cruces, cruceiros e petos da parroquia de Santa María de Tomiño (Tomiño-Pontevedra)», en Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía: Actas do VII Congreso Galego de Cruceiros, 2017.