messages.go_to_page_content
Patrimonio etnográfico

Cruceiro do Priorato de San Lourenzo Cruceiro

  • Goián, San Lourenzo, h.1900.
  • Coordenadas:41.950591, -8.794557
Coñecido como «Cruceiro do Priorato de san Lourenzo», localízase a poucos metros da capela de san Lourenzo. Presenta tres chanzos sobre os que se apoia unha base lixeiramente troncopiramidal, que soporta un varal estriado. A columna arranca con sección cadrada para continuar con forma cilíndrica. Case chegando ao capitel sitúase unha pequena escultura dun santo sobre cuncha con libro entre as mans. O capitel tamén estriado soporta dúas figuras: Cristo e a Virxe. A falta da cruz e a cabeza desproporcionada de Cristo, son froito de intervencións posteriores. A cabeza foi reposta nos anos 50. Conta cunha inscrición que percorre os catro lados da base, un pouco erosionado polo paso do tempo. Posible transcrición: «ESTECRUCERO/AÑD19», «LOIZO PORISV», «MVGERDA A», «LONSSO».

Bibliografía: Fernández de la Cigoña, Estanislao e Loira, Félix: «Cruces, cruceiros e petos das parroquias de San Campio de Figueiró e San Cristovo de Goián (Tomiño-Pontevedra)», en Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía: Actas do VII Congreso Galego de Cruceiros, 2017. Asociación de Veciños da Aurora: Boletín Informativo Cultural, 3, Tomiño.