messages.go_to_page_content
Patrimonio etnográfico

Cruceiro do Pego Cruceiro

  • Tomiño, Barrio da Gándara, S. XX
  • Coordenadas:41.987272, -8.75460344
Este cruceiro é coñecido como o «Cruceiro do Pego» e está situado no barrio da Gándara. Presenta dous chanzos cadrados sobre os que se apoia unha base troncopiramidal de bordes superiores redondeados. O fuste é de sección cuadrangular de esquinas rebaixadas. Está rematado por un capitel de molduras rectas que soportan unha cruz de brazos romboidais, con remates florais e botón central.

Bibliografía: Fernández de la Cigoña, Estanislao e Loira, Félix: «Cruces, cruceiros e petos da parroquia de Santa María de Tomiño (Tomiño-Pontevedra)», en Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía: Actas do VII Congreso Galego de Cruceiros, 2017.