messages.go_to_page_content
Patrimonio etnográfico

Cruceiro do Pazo do Couto Cruceiro

  • Goián, O Couto, Finais do s. XVI.
  • Coordenadas:41.951121, -8.756407
O Cruceiro do Pazo do Couto localízase na zona coñecida como da Igrexa Vella, en alusión a unha antiga capela, hoxe desaparecida. Trátase dun dos cruceiros máis antigos do concello. Está formado por tres chanzos sobre os que se apoia unha base cuadrangular, con arestas superiores rebaixadas, que soporta un varal cilíndrico acanalado. No capitel destacan as caveiras das esquinas, e sobre este a cruz de brazos rectos. A un lado, Cristo crucificado baixo cartela, e ao outro, unha figura, que non se conserva moi ben, e que podería ser a Virxe co Neno. Presenta inscricións en cada un dos lados da base, bastante deteriorados, Posible transcrición: «MEFESPOR» «SVDEVAZ» «ION159» «º PJAVALE».

Bibliografía: Fernández de la Cigoña, Estanislao e Loira, Félix: «Cruces, cruceiros e petos das parroquias de San Campio de Figueiró e San Cristovo de Goián (Tomiño-Pontevedra)», en Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía: Actas do VII Congreso Galego de Cruceiros, 2017. Fernández Rodríguez, Manuel: Goián: Estudio Histórico. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, 1995.