Patrimonio etnográfico
Cruceiro do Cotro Cruceiro
- Tomiño, O Cotro, S. XX. 1993
- Coordenadas:41.976790, -8.748701
Este cruceiro situado no lugar do Cotro foi doado por Rosendo López Pousa no ano 1998. Asentase sobre unha plataforma de dous chanzos e base cadrada. O fuste liso arrinca cunha forma cadrada para pasar, a media
altura, a cilíndrica. Remata nun capitel decorado con cabezas de anxos en cada un dos seus lados, que soporta unha cruz de esquinas biseladas con Cristo Crucificado polo anverso, e a Virxe co Neno polo reverso.
Está realizado en cantería e na cara frontal da base presenta una cartela coa inscrición «DONACION DE/ ROSENDO LÓPEZ POUSA/ ANO 1993».
Bibliografía: Fernández de la Cigoña, Estanislao e Loira, Félix: «Cruces, cruceiros e petos da parroquia de Santa María de Tomiño (Tomiño-Pontevedra)», en Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía: Actas do VII Congreso Galego de Cruceiros, 2017. Fernández de la Cigoña, Estanislao: Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra. Vigo: Ir Indo, 1998.