Patrimonio etnográfico
Cruceiro do cemiterio Cruceiro
- Figueiró, Cemiterio., -
- Coordenadas:41.961788, -8.774220
Cruceiro situado no interior do cemiterio. Presenta un só chanzo de pouca altura sobre o que apoia unha base cúbica. O fuste é cadrado na parte baixa e continúa con forma octogonal. Como remate ten un capitel composto que soporta unha cruz coa figura de Cristo crucificado a un lado, e a Piedade ao outro.
Bibliografía: Fernández de la Cigoña, Estanislao e Loira, Félix: «Cruces, cruceiros e petos das parroquias de San Campio de Figueiró e San Cristovo de Goián (Tomiño-Pontevedra)», en Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía: Actas do VII Congreso Galego de Cruceiros, 2017.