Patrimonio etnográfico
Cruceiro do Camiño Novo Cruceiro
- Tomiño, Camiño Novo, S. XVII. 169?
- Coordenadas:41.999666, -8.73487
Situado no lugar do Camiño Novo, nunha encrucillada, este cruceiro está formado por dous chazos de cantería, unha base, un varal estriado, capitel e cruz. Presenta doús chanzo sobre o que asenta unha base cúbica coas arestas superiores rebaixadas. Por todo o bisel das mesmas, leva unha inscrición bastante erosionada na que se poden ler algunhas partes do texto «ESTECRVCERO/LOMANDOACER/?/ANODE169?».
O varal comeza cunha peza cuadrangular para dar paso a un fuste cilíndrico e acanalado no que sobresae unha escultura sobre peaña. O capitel decórase nas súas esquinas con figuras femininas cos brazos abertos, e sobre el, descansa a cruz coa Virxe a un lado, e o Cristo Crucificado ao outro.
Bibliografía: Fernández de la Cigoña, Estanislao e Loira, Félix: «Cruces, cruceiros e petos da parroquia de San Pedro de Forcadela (Tomiño-Pontevedra)», en Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía: Actas do V Congreso Galego de Cruceiros, 2014. Fernández de la Cigoña, Estanislao: Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra. Vigo: Ir Indo, 1998.