messages.go_to_page_content
Patrimonio etnográfico

Cruceiro do barrio do Pazo Cruceiro

  • Barrantes, Barrio do Pazo, -
  • Coordenadas:42.010891, -8.752765
Cruceiro situado á beira da estrada e preto da capela privada de San Miguel. Presenta unha base prismática, sobre un chanzo cuadrangular, con lenda gravada moi erosionada e ilexible no rebaixe das arestas superiores. O varal, que é cilíndrico e liso, parte dunha peza rectangular e remata nun capitel decorado con cabeciñas de anxos aladas en cada unha das súas caras. Na cruz de remate, no anverso, represéntase un Cristo Crucificado, e no envés a imaxe da piedade.

Bibliografía: Fernández de la Cigoña, Estanislao e Loira, Félix: «Cruces, cruceiros e petos das parroquias de Barrantes e Pinzás (Tomiño-Pontevedra)», Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía: Actas do IX Congreso Galego de Cruceiros, 2018. Asociación de Veciños da Aurora. Boletín Informativo Cultural, 4. Tomiño.