Patrimonio etnográfico
Cruceiro do barrio do Mosteiro Cruceiro
- Tomiño, Barrio do Mosteiro, -
- Coordenadas:41.986967, -8.749827
Este cruceiro sitúase no barrio do Mosteiro, nunha rotonda axardinada preto da igrexa parroquial de Santa María. Presenta un só chanzo sobre o que se apoia unha base cadrada coas arestas superiores a bisel. O fuste é liso e de sección cuadrangular con esquinas rebaixadas. Nunha das súas caras, sobresae a imaxe da Virxe co Neno. Remata cun capitel composto con cariñas nos seus lados, que fai de base a unha cruz coa Virxe da Peregrina, a un lado, e con Cristo Crucificado ao outro.
Bibliografía: Fernández de la Cigoña, Estanislao e Loira, Félix: «Cruces, cruceiros e petos da parroquia de Santa María de Tomiño (Tomiño-Pontevedra)», en Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía: Actas do VII Congreso Galego de Cruceiros, 2017.