Patrimonio etnográfico
Cruceiro do barrio do Lago Cruceiro
- Figueiró, Barrio do Lago, S. XIX. 1899
- Coordenadas:41.963369, -8.766207
Cruceiro situado a un lado da calzada, pegado a un muro no barrio do Lago. Aséntase sobre unha base prismática con texto gravado na súa fronte «PROMESA DE/ JUAN ANTONIO/ ALONSO QUE O/ FRECIO POR/ SUS HIJOS / COLOCADO/ EN 1899». O fuste, de sección cadrada, remata nun capitel sinxelo de decoración moldurada. Sobre el, un Cristo crucificado baixo cartela.
Bibliografía: Fernández de la Cigoña e Núñez, Estanislao: Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra. Vigo: Ir Indo,1998. Fernández de la Cigoña, Estanislao e Loira, Félix: «Cruces, cruceiros e petos das parroquias de San Campio de Figueiró e San Cristovo de Goián (Tomiño-Pontevedra)», en Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía: Actas do VII Congreso Galego de Cruceiros, 2017. Asociación de Veciños da Aurora: Boletín Informativo Cultural. Tomiño.