Patrimonio etnográfico
Cruceiro do barrio da Ponte Cruceiro
- Forcadela, Barrio da Ponte, S. XVII. 1690
- Coordenadas:41.984304, -8.720299
Cruceiro situado no barrio da Ponte, nunha zona axardinada á beira do camiño que leva cara á ponte medieval. Con tres grandes chanzos de altura irregular sobre os que apoia unha base cuadrangular coas arestas superiores rebaixadas. Por todo o perímetro, tanto no bisel como nas caras, leva unha inscrición gravada que se encontra bastante erosionada, onde só se pode ler a data «1690».
Presenta fuste cilíndrico estriado no que sobresae a figura de san Francisco sobre unha pequena peaña. O capitel ten forma de bóla, e sobre el se asenta unha cruz con Cristo rucificada baixo cartela, a un lado, e a Virxe, ao outro.
Bibliografía: Fernández de la Cigoña, Estanislao e Loira, Félix. «Cruces, cruceiros e petos de San Pedro de Forcadela. Tomiño», en Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía: Actas do V Congreso Galego de Cruceiros, 2014. Moure, Isabel e Da Rocha, Juan C.: «Cruceiros no noso concello. Cruces e cruceiros de Forcadela», en Asociación de Veciños da Aurora: Boletín Informativo Cultural, 6, Tomiño, 2005.