messages.go_to_page_content
Patrimonio etnográfico

Cruceiro do barrio da Granxola Cruceiro

  • Estás, Granxola, -
  • Coordenadas:41.971901, -8.758761
Cruceiro situado nunha encrucillada na entrada ao barrio da Granxola. Aséntase nun só chanzo sobre o que apoia unha base cuadrangular con bordes superiores biselados. O varal é de sección cadrada coas arestas rebaixadas, agás no comezo e final do mesmo. Conta cun capitel de perfil mixtilíneo con volutas e molduras decorativas, que soporta unha cruz de brazos rectos, con Cristo crucificado baixo cartela na súa fronte. Carece de marcas ou inscricións.

Bibliografía: Fernández de la Cigoña, Estanislao e Loira, Félix: «Cruces, cruceiros e petos da parroquia de Santiago de Estás (Tomiño-Pontevedra)», en Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía: Actas do VI Congreso Galego de Cruceiros, 2015. Asociación de Veciños da Aurora: Boletín Informativo Cultural, 1, Tomiño.