Cruceiro do barrio da Arrotea
- AMO-PE-02
- Amorín
- Barrio da Arrotea
- 2004
- Corrdenadas: 41.995684, -8.681763
Situado no lugar do Outeiro do Sobral, no barrio da Arrotea. Este cruceiro foi unha doazón da veciña Eva María Domínguez Ramos, logo de participar no módulo de cantería da Escola Obradoiro Camiño de Santiago de Tomiño.
Apoiado sobre un chanzo cuadrangular, disponse o cruceiro con base prismática, enmarcada na súa parte inferior e superior por molduras destacadas. Na súa fronte leva unha vieira en relevo, en alusión ao Camiño de Santiago, e, no seu lateral esquerdo, a data de construción: 2004. Sobre esta, un fuste de sección cadrada con esquinas rebaixadas serve de apoio ao capitel que remata nunha cruz.
Inscrición no lateral esquerdo da base: «2004».
