messages.go_to_page_content
Patrimonio etnográfico

Cruceiro do Barrafusos Cruceiro

  • Tomiño, Barrio de Vilachán, S. XX. 1934
  • Coordenadas:41.987710, -8.761127
É coñecido como o «Cruceiro do Barrafusos» e sitúase no Barrio de Vilachán . Presenta unha base cadrada de bordes superiores rebaixados. O fuste é liso, de sección cuadrangular. Está rematado por un capitel de molduras rectas que soportan unha cruz de brazos romboidais, con remates florais e botón central. Na parte inferior do fuste leva inscrita a data 1934, e outro texto non lexible, xa que se encontra bastante erosionado.

Bibliografía: Fernández de la Cigoña, Estanislao e Loira, Félix: «Cruces, cruceiros e petos da parroquia de Santa María de Tomiño (Tomiño-Pontevedra)», en Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía: Actas do VII Congreso Galego de Cruceiros, 2017.