Patrimonio etnográfico
Cruceiro de Vilardematos Cruceiro
- Forcadela, Vilardematos, S. XVII-XVIII
- Coordenadas:41.970982, -8.751678
Cruceiro situado na parroquia de Forcadela, no lugar de Vilardematos, á beira do camiño. Presenta un chanzo cadrado sobre o que asenta unha base troncopiramidal pouco traballada, con restos de texto gravado, moi erosionado, no que aínda se pode ler a palabra «JESUS». O varal é cilíndrico e liso, pero na súa parte baixa é cadrado con decoración moldurada. O capitel de forma esférica vai decorado con cabezas de anxiños, e sobre el, álzase unha cruz de sección cadrada. Está feito en granito e ten desgastes debidos ao paso do tempo.
Bibliografía: Fernández de la Cigoña, Estanislao e Loira, Félix. «Cruces, cruceiros e petos de San Pedro de Forcadela. Tomiño», en Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía: Actas do V Congreso Galego de Cruceiros, 2014. Moure, Isabel e Da Rocha, Juan C.: «Cruceiros no noso concello. Cruces e cruceiros de Forcadela», en Asociación de Veciños da Aurora: Boletín Informativo Cultural, 6, Tomiño, 2005.