messages.go_to_page_content
Patrimonio etnográfico

Cruceiro de Sanomedio Cruceiro

  • Tomiño, Sanomedio, -
  • Coordenadas:41.984947, -8.768789
O cruceiro de Sanomedio esta situado nunha encrucillada a poucos metros da capela que leva o mesmo nome. Presenta dous chanzos sobre os que asenta unha base cuadrangular de bordes superiores rebaixados. O fuste comeza cun primeiro tramo de sección cadrada que dá paso a un varal cilíndrico con acanaladuras no que sobresaen dúas imaxes que miran en direccións contrarias. A un lado, San Lourenzo, e ao outro, San Francisco. Como remate leva un capitel en forma de bóla no que se asenta unha cruz de brazos cilíndricos. Na base aprécianse restos do que podería ser unha inscrición gravada moi erosionada. Actualmente é ilexible.

Bibliografía: Fernández de la Cigoña, Estanislao e Loira, Félix: «Cruces, cruceiros e petos da parroquia de Santa María de Tomiño (Tomiño-Pontevedra)», en Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía: Actas do VII Congreso Galego de Cruceiros, 2017. En patrimoniogalego.net, http://patrimoniogalego.net/index.php/50866/2013/10/cruceiro-de-sanomedio/