Patrimonio etnográfico
Cruceiro de San Martiño Cruceiro
- Figueiró, Barrio da Igrexa, 1875
- Coordenadas:41.963457, -8.772120
O Cruceiro de San Martiño sitúase ao lado da igrexa parroquial. É unha obra de granito realizada en 1875 por Xosé Antón Araújo Ramallosa, mestre de cantería, natural de Vila Nova de Cerveira. Presenta unha base circular sobre a que se dispoñen catro chanzos octogonais, nos que asenta un pedestal tamén octogonal con decoracións en relevo, en cada unha das súas caras, alusivos a Paixón de Cristo, e unha cartela coa data de construción. O fuste é cilíndrico e liso, agás na parte inferior onde leva decoración de cintas entrelazadas. Como remate, un capitel composto que soporta unha cruz con Cristo rucificado no anverso, e a Virxe no reverso. No ano 1906 colocouse a varanda
Bibliografía: Fernández de la Cigoña, Estanislao e Loira, Félix: «Cruces, cruceiros e petos das parroquias de San Campio de Figueiró e San Cristovo de Goián (Tomiño-Pontevedra)», en Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía: Actas do VII Congreso Galego de Cruceiros, 2017.