Patrimonio etnográfico
Cruceiro de Eidos de Abaixo Cruceiro
- Forcadela, Eidos de Abaixo, -
- Coordenadas:41.982110, -8.728025
Sitúase a carón da estrada e pegado a un muro. Conta cun chanzo cuadrangular sobre o que se apoia unha base coas arestas superiores rebaixadas e con caveiras en cada unha das súas esquinas. Presenta un fuste cilíndrico e acanalado que remata nun capitel de sección cadrada que soporta unha cruz de brazos redondeados.
Bibliografía: Fernández de la Cigoña, Estanislao e Loira, Félix. «Cruces, cruceiros e petos de San Pedro de Forcadela. Tomiño», en Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía: Actas do V Congreso Galego de Cruceiros, 2014. Moure, Isabel e Da Rocha, Juan C.: «Cruceiros no noso concello. Cruces e cruceiros de Forcadela», en Asociación de Veciños da Aurora: Boletín Informativo Cultural, 6, Tomiño, 2005.