messages.go_to_page_content
Patrimonio etnográfico

Cruceiro da Soidade Cruceiro

  • Goián, Tollo, 1651
  • Coordenadas:41.94369, -8.77472
O coñecido como «Cruceiro da Soidade» localízase no barrio de Tollo. Estaba formado por dous chanzos, dos que hoxe, un deles está ao nivel do chan. A base é cuadrangular coas esquinas superiores rebaixadas, e nelas leva unha inscrición gravada, con desgastes propios do paso do tempo, en cada unha das súas caras. Hoxe podemos ler: «ESTECRUCERO/MANDACERLO(superior)ALONSOANO1651(inferior)/FERNANDSISV/ MUGER». O varal de sección octogonal leva unha figura nun dos seus lados de San Francisco. Conta cun capitel vexetal sobre o que se apoia unha peza de ferro cadrada, froito dunha restauración posterior, que da paso á cruz estriada coa imaxe do Cristo crucificado baixo cartela por un lado, e a piedade polo outro.

Bibliografía: Fernández de la Cigoña, Estanislao e Loira, Félix: «Cruces, cruceiros e petos das parroquias de San Campio de Figueiró e San Cristovo de Goián (Tomiño-Pontevedra)», en Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía: Actas do VII Congreso Galego de Cruceiros, 2017.