Patrimonio etnográfico
Cruceiro da Rotea Cruceiro
- Tomiño, A Rotea, S. XX
- Coordenadas:41.982938, -8.764176
O cruceiro situado na Rotea. Presenta un chanzo cadrado sobre o que apoia unha base cúbica de bordes superiores rebaixados. O fuste é liso, de sección cuadrangular. Está rematado por un capitel de molduras rectas que soportan unha cruz de brazos romboidais, con remates florais e botón central.
Bibliografía: Fernández de la Cigoña, Estanislao e Loira, Félix: «Cruces, cruceiros e petos da parroquia de Santa María de Tomiño (Tomiño-Pontevedra)», en Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía: Actas do VII Congreso Galego de Cruceiros, 2017.