Patrimonio etnográfico
Cruceiro da praza do Cristo Cruceiro
- Amorín, Praza do Cristo, S. XXI
- Coordenadas:41.995472, -8.685086
Trátase dunha obra recente de cantería, formada por unha cruz de sección cuadrangular lisa co Cristo crucificado na parte frontal. Apoia sobre un pedestal cuadrangular cunha cruz latina en relevo.
Bibliografía: Fernández de la Cigoña, Estanislao e Loira, Félix: «Cruces, cruceiros e petos da parroquia de San Xoán de Amorín (Tomiño-Pontevedra)», en Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía: Actas do X Congreso Galego de Cruceiros, 2020.