Patrimonio etnográfico
Cruceiro da igrexa parroquial de San Pedro Cruceiro
- Forcadela, Igrexa parroquial de San Pedro, S. XX. 1995
- Coordenadas:41.981136, -8.736815
Este cruceiro monumental está situado diante da igrexa parroquial de San Pedro. Foi levantado para conmemorar os 25 anos do párroco don José Luis Portela Trigo. Realizado polo artista Antúnez Pousa en granito.
Conta cun elaborado repertorio decorativo.
Presenta catro chanzos sobre os que se asenta unha base prismática a modo de pedestal. En cada un dos seus lados leva relevos con diferentes motivos que representan a Virxe da Escravitude, Eva, a árbore e a serpe en alusión ao pecado, san Pedro e Cristo crucificado. Sobre este, un fuste cilíndrico da paso a un capitel vexetal que soporta a cruz con Cristo Crucificado baixo cartela.
Bibliografía: Fernández de la Cigoña, Estanislao e Loira, Félix. «Cruces, cruceiros e petos de San Pedro de Forcadela. Tomiño», en Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía: Actas do V Congreso Galego de Cruceiros, 2014. Moure, Isabel e Da Rocha, Juan C.: «Cruceiros no noso concello. Cruces e cruceiros de Forcadela», en Asociación de Veciños da Aurora: Boletín Informativo Cultural, 6, Tomiño, 2005.