messages.go_to_page_content
Patrimonio etnográfico

Cruceiro da Igrexa parroquial de Barrantes Cruceiro

  • Barrantes, Igrexa Parroquial., 1710
  • Coordenadas:42.01512, -8.76312
Cruceiro situado á dereita da porta da igrexa parroquial nunha pequena zona axardiinada. Presenta dous chanzos que serven de apoio a unha base cúbica coas arestas superiores rebaixadas. En cada unha das súas caras leva inscricións moi deterioradas, pero no lado esquerdo podemos ler: «ANOD 1710». O fuste arranca cunha forma rectangular para continuar cilíndrico e liso, só interrompido por unha figura de san Lourenzo que sobresae a media altura. O capitel, de tipo vexetal, soporta unha cruz coa Piedade a un lado, e con Cristo crucificado ao outro.

Bibliografía: Fernández de la Cigoña, Estanislao e Loira, Félix: «Cruces, cruceiros e petos das parroquias de Barrantes e Pinzás (Tomiño-Pontevedra)», Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía: Actas do IX Congreso Galego de Cruceiros, 2018. Asociación de Veciños da Aurora. Boletín Informativo Cultural, 4. Tomiño.