Patrimonio etnográfico
Cruceiro da igrexa parroquial de Amorín Cruceiro
- Amorín, Igrexa Parroquial, 1900
- Coordenadas:41.999796, -8.684176
Cruceiro xubilar situado diante da igrexa parroquial de San Xoán de Amorín, mandado construír polo párroco José María Parracía. Está formado por dous chanzos circulares sobre os que apoia unha base cilíndrica con escenas bíblicas en relevo. Conta cun fuste cilíndrico e acanalado que decrece en altura. Como remate un capitel corintio sobre o que descansa un Cristo crucificado.
Inscricións gravadas na pedra:
Primeiro chanzo: «ANO DE 1900»
Parte inferior da base: «HOMENAJE A CRISTO REDENTOR DE LA HUMANIDAD»
Fuste da columna: «ASÍ SE AMA»/ «FUISTEIS RESCATADOS NON CON ORO»/ «SINO CON LA SANGRE P DE CRISTO»/ «CRISTO VENCE, CRISTO IMPERA»
Bibliografía: Fernández de la Cigoña, Estanislao e Loira, Félix: «Cruces, cruceiros e petos da parroquia de San Xoán de Amorín (Tomiño-Pontevedra)», en Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía: Actas do X Congreso Galego de Cruceiros, 2020.