messages.go_to_page_content
Patrimonio etnográfico

Cruceiro da Igrexa de Santiago Cruceiro

  • Estás, Adro Igrexa de Santiago, Posiblemente, século XVIII
  • Coordenadas:41.975615, -8.761233
Hoxe, este cruceiro sitúase no adro da igrexa parroquial de Santiago de Estás, pero antigamente encontrábase a poucos metros, fóra do muro. Trasladouse para que estivese máis protexido. Presenta tres chanzos cuadrangulares sobre os que asenta unha base prismática de bordes rebaixados. Conta cun fuste estriado no que sobresaen as figuras de Santiago Matamouros, a un lado, e a de san Francisco, ao outro. Como remate leva un capitel composto no que apoia a cruz coa imaxe da Piedade, nunha cara, e Cristo crucificado, na outra. Non se aprecian marcas, nin inscricións.

Bibliografía: Fernández de la Cigoña, Estanislao e Loira, Félix: «Cruces, cruceiros e petos da parroquia de Santiago de Estás (Tomiño-Pontevedra)», en Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía: Actas do VI Congreso Galego de Cruceiros, 2015. Asociación de Veciños da Aurora: Boletín Informativo Cultural, 1, Tomiño.