Patrimonio etnográfico
Cruceiro da Gandariña Cruceiro
- Sobrada, A Gandariña, -
- Coordenadas:42.020640, -8.676014
Cruceiro situado no lugar da Gandariña na parroquia de Sobrada. Presenta tres chanzos sobre os que se asenta unha base cuadrangular de esquinas rebaixadas. O fuste, cilíndrico e liso, remata cun capitel decorado con motivos vexetais como rosas e follas de palmeiras combinadas con volutas. Este sirve de soporte a unha cruz de brazos cilíndricos que nun lado leva a figura da Virxe sobre peaña (suxeita cun fío metálico), e ao outro a de Cristo crucificado acompañado dun anxo, que cun cáliz semella recoller o sangue de Cristo.
Bibliografía: