messages.go_to_page_content
Patrimonio etnográfico

Cruceiro da capela do Espirito Santo Cruceiro

  • Goián, Barrio de Soutelo, -
  • Coordenadas:41.960896, -8.780701
Cruceiro asociado á capela do Espírito Santo no barrio de Soutelo, situada a poucos metros. Presenta un chanzo cuadrangular con base troncopiramidal. O varal é hexagonal e está rematado nun capitel formado por unha peza circular e outra cadrada sobre a que apoia unha cruz de brazos rectos. Non presenta inscricións que poidan dar datos sobre unha posible data de construción, pero polas súas características e estilo este poderíase encadrar entre os séculos XVII e XVIII. A cruz parece froito dunha intervención máis recente.

Bibliografía: Fernández de la Cigoña, Estanislao e Loira, Félix: «Cruces, cruceiros e petos das parroquias de San Campio de Figueiró e San Cristovo de Goián (Tomiño-Pontevedra)», en Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía: Actas do VII Congreso Galego de Cruceiros, 2017.