Patrimonio etnográfico
Cruceiro da Barca Cruceiro
- Goián, O Pazo. Zona Forte de San Lourenzo, 1557
- Coordenadas:41.94238, -8.75332
Coñecido como «Cruceiro da Barca», «Cruceiro da finca da Torre», «do río», ou «do Forte de san Lourenzo», é un dos cruceiros máis antigos do concello.
Está composto por un chanzo cuadrangular sobre o que se apoia a base cúbica coas arestas superiores rebaixadas. En cada unha das súas caras leva unha inscrición gravada, un pouco desgastada polo paso do tempo, que parece dicir: «FES/GALES/GREGON/1557».
Presenta un fuste cilíndrico liso con remate de bóla, a modo de capitel, sobre o que se dispón unha cruz de sección cuadrangular con un Cristo crucificado baixo cartela.
Bibliografía: Fernández de la Cigoña, Estanislao e Loira, Félix: «Cruces, cruceiros e petos das parroquias de San Campio de Figueiró e San Cristovo de Goián (Tomiño-Pontevedra)», en Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía: Actas do VII Congreso Galego de Cruceiros, 2017. Franco, Óscar, en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/index.php/37791/2013/03/cruceiro-da- barca/ )