messages.go_to_page_content
Patrimonio etnográfico

Cruceiro da Alameda Cruceiro

  • Goián, Alameda, 2004
  • Coordenadas:41.948762, -8.772427
Cruceiro realizado pola Escola Taller en cantería e financiado pola concellería de Cultura no ano 2004. Está formado por dous chanzos cuadrangulares e base troncopiramidal, sobre a que apoia un fuste de sección cadrada con capitel de decoración vexetal. Como remate ten unha cruz co Cristo crucificado baixo cartela.

Bibliografía: Fernández de la Cigoña, Estanislao e Loira, Félix: «Cruces, cruceiros e petos das parroquias de San Campio de Figueiró e San Cristovo de Goián (Tomiño-Pontevedra)», en Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía: Actas do VII Congreso Galego de Cruceiros, 2017.