Patrimonio etnográfico
Cruceiro Cruceiro con peto
- Pinzás, Bouzón, -
- Coordenadas:42.01594, -8.69961
Cruceiro situado preto da Igrexa Parroquial de San Salvador de Piñeiro. Presenta dous chanzos, dos que hoxe un deles queda a ras da beirarrúa. Sobre eles apóiase unha base prismática cun oco na súa fronte, que albergaría un caixón para as esmolas, actualmente desaparecido. O varal é cilíndrico e remata nun capitel sinxelo que soporta unha cruz con Cristo Crucificado. O seu estado de conservación non é bo, xa que se encontra totalmente cuberto de liques e musgo.
Bibliografía: Fernández de la Cigoña, Estanislao e Loira, Félix: «Cruces, cruceiros e petos da parroquia de San Salvador de Piñeiro (Tomiño-Pontevedra)», en Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía: Actas do X Congreso Galego de Cruceiros, 2020. Moure, Isabel e Da Rocha, Juan C.: «Petos de ánimas ou esmoleiros de Piñeiro», en Asociación de Veciños da Aurora: Boletín Informativo Cultural, 5, Tomiño.