Patrimonio etnográfico
Conxunto de muíños do barrio de Solleiro Conxunto de muíños
- Forcadela, Vilardematos, S. XX
- Coordenadas:41.974571, -8.741482
Estes dous muíños están situados no barrio Solleiro. Os dous contan cun só inferno e están construídos con cachotería e perpiaños irregulares, máis traballados nas zonas de portas e ventás. Teñen tellado a unha soa auga e están cubertos con tella do pais. Aprécianse reformas de diferentes épocas. Están pechados polo que non se pode acceder ao interior.
Bibliografía: Fernández de la Cigoña, Estanislao e Loira, Félix. «Cruces, cruceiros e petos de San Pedro de Forcadela. Tomiño», en Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía: Actas do V Congreso Galego de Cruceiros, 2014. Moure, Isabel e Da Rocha, Juan C.: «Cruceiros no noso concello. Cruces e cruceiros de Forcadela», en Asociación de Veciños da Aurora: Boletín Informativo Cultural, 6, Tomiño, 2005.