Árbores
senlleiras
Xapoeiros de Figueiró Xapoeiro
- Árbore Exótica
- Especie: Camellia japonica L.
- Perímetro normal: Ex1: seis fustes de 0,71, 0,67, 0,68, 0,64, 0,49 e 0,66 m Ex2: tres fustes de 0,91, 0,48 e 0,64 m
- Altura: Ex1: 7,5 m; Ex2: 5,6 m
- Copa:Ex1: 62 m2; Ex2: 37 m2
- Parroquia: Figueiró
- Coordenadas: 41.962909, -8.77291
Trátase de dous exemplares que medran xunto a un parque infantil e comparten características morfolóxicas: troncos curtos que rapidamente se ramifican e forman a enforcadura, así como copas globosas ben conformadas pola escasa competencia que ofrecen as árbores próximas —loureiro e laranxeira—, tamén catalogadas. Quizais o único problema dos exemplares sexa a presenza nas copas de numero- sas poliñas secas que, a falta de estudo minucioso, pódese deber á compactación do solo provocada polas pisaduras das persoas que frecuentan o parque.
Bibliografía: Jorge Mouriño e Gaspar Bernández: Árbores senlleiras do concello de Tomiño. Tomiño, 2011.