Árbores
senlleiras
Xapoeiro de Goián Xapoeiro
- Árbore Exótica
- Especie: Camellia japonica L.
- Perímetro normal: 2,12 m
- Altura: 7,6 m
- Copa:45 m2
- Parroquia: Goián
- Coordenadas: 41.944999, -8.77056
Sen dúbida a mellor representación coñecida de camelia en Tomiño. O tronco ramifica a escasa distancia do chan en dous brazos que rapidamente se volven dividir, polo que se pode dicir que forman unha verdadeira enforcadura a un metro do chan. A copa é grande e moi equilibrada, tanto por medrar illada —sen competencia pola luz— como debido ás actuacións de poda ás que é sometido o exemplar. Na súa base atopamos unha fermosa xardineira de pedra na que medran distintas especies ornamentais de pequeno tamaño, como azaleas (Rhododendron spp.) e distintas plantas suculentas (Echeveria elegans, Gasteria verrucosa etc.).
Bibliografía: Jorge Mouriño e Gaspar Bernández: Árbores senlleiras do concello de Tomiño. Tomiño, 2011.