Árbores
senlleiras
Xapoeiro da casa do Vinclo Xapoeiro
- Árbore Exótica
- Especie: Camellia japonica L.
- Perímetro normal: 1,50 m
- Altura: 5,4 m
- Copa:62 m2
- Parroquia: Santa María de Tebra
- Coordenadas: 42.040541, -8.72904
Exemplar de pouca altura, seguramente a causa de repetidas podas sobre a súa copa. O tronco é curto, sobre o que nace a copa globosa e regular, sen ningún problema aparente. Atópase parcialmente baixo cobertura de dous castiñeiros de grandes dimensións, polo que, o seu desenvolvemento futuro pode verse comprometido se non se adoptan medidas correctoras.
Bibliografía: Jorge Mouriño e Gaspar Bernández: Árbores senlleiras do concello de Tomiño. Tomiño, 2011.