messages.go_to_page_content
Árbores senlleiras

Vimbieiro na ribeira de Pedregal Vimbieiro

  • Árbore Autóctona
  • Especie: Salix alba subsp. vitellina (L.) Schübl. e G. Martens
  • Perímetro normal: 1,53 m
  • Altura: 14,8 m
  • Copa:60 m2
  • Parroquia: Forcadela
  • Coordenadas: 41.98093, -8.719238
Exemplar de elevado tamaño que sobresae entre loureiros e salgueiros na ribeira do Miño, nun sector con alta presión de actividade agrícola. O tronco crece ergueito e vai emitindo ramificacións, as maiores desde uns 5 metros de altura, en sentido oposto ao río, creando unha copa aberta e asimétrica.

Bibliografía: Jorge Mouriño e Gaspar Bernández: Árbores senlleiras do concello de Tomiño. Tomiño, 2011.